Moeche:

Información de Interese sobre o Concello de Moeche

Moeche é un concello da provincia da Coruña, que pertence á comarca de Ferrol.

É unha terra distinguida polos pequenos outeiros e vales, por onde discorre un tramo do río grande de Xuvia e o río das Ferreiras.

Ten un clima oceánico con temperturas suaves que fan deste paraxe un lugar ideal.

Forma parte do espazo natural de grande interese ecolóxico Xuvia-Castro, que conta coa denominación de lugar de importancia comunitaria.

Ademáis do fabuloso e restaurado castelo con foso, cabe destacar o casal de Tuiril ou o pazo de Rañal, no que viviron os antepasados de Concepción Arenal e de Emilia Pardo Bazán.

No outono celébrase a feira das fabas, e na segunda quincena de agosto, celébrase o recoñecido festival irmandiño, de música celta, representacións teatráis e o famoso asalto ó castelo á medianoite.

Tradicionalmente Moeche foi un municipio eminentemente agrícola e gandeiro cunha importante producción leiteira e cárnica.

É de relevancia o gando cabalar polo que ten un lugar a recoñecida feira de cabalos do 3 de Abril e máis a feira complementaria que s celebra o 11 e 23 de cada mes.

A historia de Moeche remóntase á época castrexa, testemuñada nos castros de foxo, o de Santa Cruz ou o de Casabranca.

Enlaces de interese: 

Concello de Moeche: https://moeche.gal/

Información sobre Moeche: https://gl.wikipedia.org/wiki/Moeche

Información sobre o Castelo de Moeche: https://gl.wikipedia.org/wiki/Castelo_de_Moeche

Lugares de interese en Moeche: https://www.turismo.gal/localizador-de-recursos/-/sit/que_visitar/moeche?langId=es_ES

 

Enderezo

0 S N, 15563 puente del sur, C

San Xurxo - Ponte Sur - 15563 - Moeche (A Coruña)

Contacto

Teléfonos981 40 45 78 - 609 125 761

Mail: ocason@residenciaocason.com